Dende o PSdG-PSOE de Burela, queremos denunciar como en outras ocasións xa temos feito o estado de abandono xeral do pobo de Burela. Parecéndonos grave a imaxe de deixadez que se está a mostrar, máis nos preocupan aquelas cousas que poden xerar un risco para a integridade física dos noso veciños e veciñas.
Dende o PSdeG-PSOE de Burela xa vimos denunciando situacións deste tipo dende fai tempo, e temos que criticar a deixadez, o “desgoberno” e a desidia que se manifesta no que di ser o equipo de goberno de Burela. Imos a recomendarlles que se deixen de tantos viaxes fóra do pobo, e se dean unha voltiña polo pobo para poder detectar estas deficiencias. Aínda que xa sabemos que lles sae máis rendible viaxar por outros lares á conta dos veciños e veciñas de Burela.