Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas de Burela denuncian a concesión de subvencións públicas a asociacións que non figuran no rexistro municipal de asociacións

Dende o PSdG-PSOE de Burela queremos que os veciños e veciñas de Burela se enteren da maneira clientelar que fai política o Partido Popular de Burela. Falamos do descubrimento feito dende o PSdeG-PSOE de Burela en relación ás subvencións feitas nestas pasadas fechas polo equipo de “desgoberno” do Partido Popular de Burela.

Vimos de descubrir que se conceden cartos de subvencións públicas a “asociacións” que non figuran no rexistro municipal de asociacións, de feito na orde de concesión non figura nin o CIF da asociación (documento que temos no noso poder con fecha 15 de outubro, asinado polo propio Sr Barcia), e que tampouco constan no rexistro oficial da Xunta de Galicia que calquera pode comprobar a través do propio portal web da Xunta.

Vista a gravidade do asunto do que falamos non nos queda outra que pedirlle ó Sr Barcia que saia publicamente a dar unha explicación a todos os veciños e veciñas de Burela, e por suposto a todas as asociacións que estando legalmente constituídas e rexistradas ou ben no Concello, ou ben na Xunta no rexistro de asociacións, de como se é posible esta situación.

Tamén nos gustaría saber como se vai a facer o abono desta axuda, ¿na conta de quen?, ¿vai a facerse esta abono nunha conta particular?, ¿vanse dar estes cartos en man?. O Sr Barcia debe de explicar claramente o uso que se lles dan ós cartos públicos, cartos de todos os veciños e veciñas de Burela, que non do Sr Barcia, aínda que ás veces dea esa impresión.

Pola nosa parte imos a convocar a todas as asociacións que non recibiron subvención para explicarlles este sangrante asunto, e sexan elas tamén as que lle pidan explicacións ó propio Sr Barcia e ós membros do seu equipo de “desgoberno”.

Exit mobile version