Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas din que a decisión de retirar a pasarela de Cubelas é un reflexo da mala xestión deste goberno en todos os ámbitos

CERVO, 25 DE OUTUBRO. Os socialistas de Cervo laméntanse ó ver cómo o goberno acaba por recoñecer o deterioro da pasarela de Cubelas e decide como solución a súa retirada, “xa no mes de xullo, alertamos ó Concello do estado de abandono dos accesos a este areal e o perigo que supoñían para os usuarios, ninguén recoñeceu a situación e vemos cómo agora, rematando o mes de outubro, se deciden a retirala porque lles parece inadecuada e innecesaria”.

“O tempo veunos a dar a razón” afirman dende o PSOE cervense, “dende aquela non se fixo nada por solucionar o problema e resulta que a solución só pasa por quitala definitivamente”.

Neste senso, subliñan que “as decisións do noso equipo de goberno amosan a falta de interese por manter os servizos e equipamentos que temos. É máis fácil sacar de diante o asunto que intentar darlle unha solución. A mala xestión do Partido Popular no Concello contaxiase a tódolos ámbitos, iso sí, desta maneira podemos ver claramente en qué mans estamos”.

Exit mobile version