Site icon Crónica3.com A Mariña

Os usuarios do Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral “A Mariña” inauguran un mosaico no IES Monte Castelo

O próximo día 30 de outubro ás 12:00 terá lugar a inauguración, no IES Monte Castelo, do mosaico realizado por 15 usuarios, que participan no taller de mosaicos dirixido pola monitora Dolores Couto Castro e que forma parte das actividades de atención pre-laboral que se desenvolven na Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña.

O mosaico ten a súa orixe nunha obra de arte, un cadro realizado por Dn. Xosé López Losada, pintor e usuario do centro de rehabilitación psicosocial e laboral.
Esta donación realizada pola Asociación de Axuda ó Enfermo Mental “A Mariña” á BIBLIOTECA ESCOLAR do IES Monte Castelo, débese á excelente relación mantida entre as dúas entidades, reflectida na colaboración de ambas institucións.

Para a Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña este acto ten gran repercusión debido a que supón un paso adiante na integración efectiva das persoas con enfermedades mentais na comunidade.

O IES Monte Castelo ten especial interés na rehabilitación desta spersoas, reflexo do cal son os convenios que se firmarán nun futuro próximo para a realización de prácticas dos alumnos de ciclos formativos e formación profesional que se están a impartir no Instituto Monte Castelo de Burela.

Na inauguración oficial desta nova expresión artística, estará presente o Director do IES Monte Castelo D. Marcelino Luna e a Directora Técnica Xeral da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña, Dna. Mª José Nóvoa, ademáis de alumnos e usuarios de ambos centros.

Exit mobile version