Site icon Crónica3.com A Mariña

Pasada das Cabras ao II Encontro Galaico Asturiano en Luarca

O vindeiro domingo día 20 de outubro, a Asociación PASADA DAS CABRAS de Burela vai a participar no II ENCONTRO GALAICO ASTURIANO en Luarca, donde haberá dúas rutas alternativas a elixir, unha de 18 quilómetros e dificultade moderada e outra de 6 quilómetos e dificultade baixa. A comida será por libre; aínda que para a ruta máis longa se recomenda levar bocadillo, xa que se come na metade da ruta, mentres que para a outra, hai sitios onde comer en Luarca. Os prezos serán de 10 € para os socios e de 15 para os non socios. A saída será ás 8 da mañá da Estación de Autobuses de Burela. Para asistir a esta ruta é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono: 982 580 504 antes do xoves día 17 ás 13,00 horas.

Exit mobile version