Site icon Crónica3.com A Mariña

Pasiño a Pasiño vota a andar as actividades do 2013-14

tesouroA asociación “Pasiño a Pasiño” organiza para este curso 2013-2014 un montón de actividades deseñadas pola nova directiva, en colaboración cos socios. A inauguración do novo curso escolar, iniciouse para a asociación coa actividade da búsqueda do tesouro polas rúas de San Cibrao e nela participaron máis de 30 nenos e nenas. Este mércores 2 de outubro ás 16.00 horas comezan os talleres de cociña cunha mestra de moita experiencia, Ana de A Bodega. E, ás 17.30 horas, no local da asociación, comezan os talleres de manualidades “Argalladas” para nenos e nenas de 2 a 7 anos. As clases de debuxo para grandes e pequenos, pola súa banda, comezarán o venres a partir das 17.30 horas, da man de Oliva.

Exit mobile version