Site icon Crónica3.com A Mariña

Pedro volve a Barreiros co espectáculo ‘Camiños das Ilusións’

O programa Cultura no Camiño 2013 da Xunta de Galicia chega o vindeiro domingo, 20 de outubro, a Barreiros. O ilusionista Pedro Volta encherá de maxia e elegancia o centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro a partires das 18:30 horas co show Camiños das ilusións. Este espectáculo de maxia forma parte da programación Cultura no Camiño do Agadic. O evento conta coa colaboración das Concellerías de Cultura e Xuventude de Barreiros, desde as que se fai unha chamada ás veciñas e aos veciños para que acudan a unha cita que “é diferente e deixarate abraiad@ e ilusionad@”.

Exit mobile version