Site icon Crónica3.com A Mariña

Prato-DO no IES de Foz

Este mércores, 30 de novembro, ás 18:30 no IES de Foz terá lugar a presentación da “Iniciativa PRATO-DO” a cargo de Lucas Requejo, cociñeiro e arquitecto técnico, que grazas á crise sufriu un proceso de reinvención que o levou a crear alternativas que axudan a obter unha alimentación verdadeiramente saudable. Desta reinvención nacen cinco propostas que serán expostas este mércores: tapería responsable itinerante- oferta gastronómica baseada no respeto ó medio ambiente; nen@s creativos verdes- obradoiros para nenos que achegan hábitos saudables; A Tixola: a realización física dun concepto dentro da iniciativa, enriquecido pola maestría do cociñeiro Nacho Rodríguez; Alimenta Colectivo: alternativa aberta no campo dos catering e Cestas-DO. Plataforma web de venta online de produtos ecolóxicos e artesanais: saborweb. Esta charla está dirixida aos alumnos/as do Ciclo Medio de Cociña na modalidade de adultos.

Exit mobile version