Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentación do Burela FS B na bomboneira coa visita do Troula FS Betanzos

O Burela FS Pescados Rubén B 2013-14 presentarase na bomboneira este sábado, coa visita do Troula FS Betanzos. A segunda xornada de Terceira División arrancará ás 16.00 horas, como antesala da cita de Primera RFEF, co derbi entre o Burela FS e o Cidade das Burgas (18.30 horas).

O cadro de Iván Cao ‘Lucas’ medirase a outros dos favoritos, un equipo que debuta na categoría con forza. “O Troula FS ten un equipazo, con xente moi veterana e de gran nivel. Entre as súas incorporacións destaca Iago Socastro, un xogador de contrastada experiencia en equipos dos grandes como Lobelle, Castro Urdiales, FC Barcelona, Manacor, Gáldar ou O Parrulo” analizaba o técnico laranxa, incidindo no bo comezo do rival. “Chegará a Vista Alegre con moitas ganas, despois de completar un partido excelente co Xove FS (4-1)” puntalizaba o burelista, que aplaudiu o bo arranque dos mariñáns fronte ao filial do Santiago Futsal e reclamou concentración para dar continuidade aos resultados positivos: “Conseguimos un punto importante, despois dun bo encontro que puido caer de calquera lado. Debemos estar moi concentrados, mitigar os erros e despregar unha boa intensidade defensiva” adelantaba.

Á parte de Bruno de Nois, lesionado, Lucas non poderá contar nin con Antón Couto, amoestado con 4 partidos de sanción tras a expulsión da semana pasada, nin con Antón González, por motivos persoais.

Exit mobile version