
O C.C. Ollomao presentará a UNIVERSIDADE RURAL de BARREIROS este sábado, 19 de outubro, ás 11:30h. da mañá nas Escolas de Celeiro de Mariñaos. Será un acto aberto a todas as persoas que desexen asistir e coñecer máis de cerca a UR. Neste acto compareceran Tamara Rubiños Varela, presidenta de Ollomao, xunto a quen estarán o resto de compoñentes da Xunta Directiva e algunhas persoas que forman parte do grupo de docentes, que integra máis de 20 expertos e expertas. Dende Ollomao convidan a todas as persoas a asistir e resolver as súas dúbidas sobre esta iniciativa pensada non para estudar, senón para aprender e poñer os coñecementos das e dos expertos a disposición das persoas residentes no rural. Así mesmo, as persoas interesadas en inscribirse á Universidade Rural poderán facelo o mesmo día da presentación (sábado, 19 de outubro ás 11:30h.) ou ben no teléfono 650542932 ou no enderezo electrónico colectivo.cultural.ollomao@gmail.com.