Site icon Crónica3.com A Mariña

Prevención e mellora da seguridade dos maiores de Lourenzá

O salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá acollerá este mércores 23 de outubro ás oito e media da tarde unha charla sobre prevención e mellora da seguridade dos maiores. Este acto está organizado polo Concello e a alcaldesa, Emma Álvarez Chao, explicou que “é unha charla que será impartida por membros da Dirección Xeral da Policía e da Garda Civil na que se vai tratar o plan maior de seguridade. Vai encamiñada principalmente ás persoas maiores pero será de interese para todos, xa que se falará de timos, roubos e outros temas que teñen que ver coa prevención e mellora da seguridade dos nosos maiores e todos os cidadáns en xeral”.

Exit mobile version