Site icon Crónica3.com A Mariña

Próxima apertura do prazo para solicitar árbores e prantas en Xove

O Concello de Xove, a través da Concellería de Agricultura, Gandeiría e Montes, vai ABRIR O PRAZO para SOLICITAR ÁRBORES FROITEIRAS, FORESTAIS E PRANTAS DE XARDÍN. Este prazo ábrese o vindeiro luns 28 de outubro e rematará o venres 20 de decembro do presente ano.

Tódalas persoas do Concello que queiran solicitar árbores ou prantas, o poden facer dende o 28 de outubro no Departamento de Agricultura, Gandeiría e Montes do Concello en horario normal de oficina.

Na páxina web deo Concello (www.xove.es) pódense atopar os prezos e un avance do listado das variedades que se poden solicitar este ano. Resaltar tamén como novidade que se oferta a pranta con cepellón e tamén con raíz nua, con prezo máis económico.

Coma sempre, poderanse pedir árbores froiteiras de todo tipo, prantas de xardín, prantas forestais e tamén prantas para repoboacións forestais (pinos…).

Un dos obxectivos da Concellería de Agricultura, Gandeiría e Montes é o de contribuir á mellora do medio ambiente, motivando aos veciños de Xove a que planten especies autóctonas.

A única condición para poder realizar a solicitude é ESTAR EMPADROADO NO CONCELLO DE XOVE.

Exit mobile version