
REBULDEIRA Teatro presenta “O MISTERIO DO PAZO DE TUMBIADOIRO” no Teatro de Ribadeo este sábado 12 de outubro ás 20.30 horas cun prezo da entrada de 2 euros. A acción transcorre no ano 1808, na parroquia de Louseiro, concello de Sarria. Celébrase o san Antón. Este ano non será un máis para a familia Tumbiadoiro. No seu pazo reciben a visita duns familiares moi especiais asentados en Madrid, uns familiares que veñen a algo máis ca a celebrar o santo.