E si na Francia ocupada polas tropas hitlerianas entre os anos 1940 e 1944, a resistencia loitaba mediante a información, creando redes de apoio, coa loita armada ou as accións de sabotaxe contra a gangrena do fascismo e pola liberdade, hoxe en Europa se forcexea, en desigual guerra de guerrillas, contra as políticas destructoras dos dereitos humans e de desmantelamento do público, contra gobernos ilexítimos vendidos aos poderosos, contra os mandatos imperativos de institucións non elixidas polos cidadáns, ou contra a progresiva restricción das liberdades.
E si o réxime de Vichy, encabezado polo mariscal Petain, é recordado como exemplo paradigmático de colaboracionismo co invasor xermano, hoxe ese papel denigrante exérceno os gobernos e parlamentos colaboracionistas de Europa, cando trastornan as súas constitucións de costas ao pobo para consagrar o poder e a riqueza dos bancos, privatizan a sanidade para beneficio de transnacionales, permiten desahuciar a familias enteiras ou denigran a educación e a cultura.
OTERO REGAL