Site icon Crónica3.com A Mariña

Samaín na Asociación de Axuda ó Enfermo Mental da Mariña

Samaín Asoc. Axuda Enfermo MentalEste xoves, tanto nos Centros de Rehabilitación Psicosocial e Laboral de Burela e Ribadeo como na Unidade Residencial de Cervo os usuarios da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña celebraron o Samaín. Os distintos dispositivos foron ambientados e decorados para a ocasión e tanto monitores como usuarios sacaron as suas vestimentas máis terroríficas. Foi unha xornada de contos, xogos, risas… na que se contaron historias relacionadas co Samaín, se degustou unha pequena chocolatada e se levaron a cabo diversos xogos ambientados neste día. Todo isto contribúe a crear cohesión de grupo, coñecer as distitntas tradicións culturais, a integración na comunidade e, en definitiva, á mellora da saúde mental.

Exit mobile version