Site icon Crónica3.com A Mariña

Seis equipos da Liga de Veteranos de Viveiro lograron puntuar nos dous primeiros partidos

Óscar Joyeros encabeza a clasificación da Liga de fútbol sala de Veteranos de Viveiro tras impoñerse no partido contra o Temple correspondente á segunda xornada por 1 a 11 este xoves 24 de outubro.

Fórum, que tamén sumou outros 3 puntos tras gañar por 1-4 contra A Fonte no partido disputado o luns, sígueo de preto tamén con 6 puntos. Nunha situación semellante atópanse o Gato Pardo, O Mesón, Flanagáns e O Recuncho que lograron a vitoria nos dous primeiros partidos da tempada.

Cofipesca estrea o marcador coa vitoria deste xoves por 3 a 7 contra Os Arcos. Este último tentará comezar a sumar puntos na táboa o vindeiro luns contra o Gato Pardo, o campión da Copa de Veteranos do pasado ano, nun partido previsto para as 22.00 horas.

Tamén o luns disputarase o partido entre O Recuncho e Soho a partir das 20.30 horas e o enfrontamento ligueiro entre Cofipesca e Temple.

O martes, tamén pertencentes á terceira xornada, disputarase o A Fonte – A Curva a partir das 21.30 horas e xa o xoves será a quenda de O Mesón – Lodeiro, Forum – Óscar Joyeros e Flanagans – Punto Galego.

Exit mobile version