
O hotel restaurante Vila do Val ten en marcha a súa semana doce con motivo da 26ª edición da Feira do Mel, que se celebra este sábado, 12 de outubro, en Ferreira do Valadouro. Vila do Val ofrece sobremesas caseiras elaboradas con mel do Valadouro no menú do día a un prezo de 9 euros de luns a venres e 12 o domingo. E para o domingo 18 deste mes, organiza unha cea ás 22.00 horas con espectáculo de maxia a cargo do mago Teto. O menú terá un prezo de 25 euros por persoa incluíndo Cojuros del Val (mini tostas de xamón ibérico e gambas con pementos do piquillo) como entrante; Paño de Brujas (creps recheas de bechamel con grelos ou de tapenade), de primeiro; Embrujo de Cerdo (solomillo de porco con guarnición), de segundo; e unha sobremesa a base de selección de doces caseiros. Tamén haberá auga, viño rosado, café, infusións e licores; ademais dun menú especial para os menores de 12 anos por un prezo de 10 euros. Para asistir a esta cea espectáculo é obrigatorio reservar no propio hotel Vila do Val ou chamando ao 982 57 16 53.