Site icon Crónica3.com A Mariña

Sérgio Tannus Trío inaugura Músicas Posibeis 2013

Sergio Tannus Trio 2Sérgio Tannus Trío presentará o vindeiro domingo, 6 de outubro, o seu traballo Son Brasilego en Ribadeo. Será ás 20 horas no Teatro. O multiinstrumentista e autodidacta brasileiro Sérgio Tannus leva varios anos vivindo en Santiago de Compostela. O seu disco é unha ponte musical entre Galicia e Brasil. O prezo das entradas será de 5 euros, aínda que desempregados, xubilados e estudantes pagarán só 2 euros. O de Sérgio Tannus Trío será o primeiro concerto dos cinco que terán lugar durante este outono-inverno dentro do ciclo Músicas Posibeis, que organiza a Concellaría de Cultura de Ribadeo.

Exit mobile version