Site icon Crónica3.com A Mariña

Servizos Sociais de Burela organiza un curso de habilidades sociais dirixido a persoas perceptoras da RISGA

Burela, 26 de outubro de 2013. A Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade do Concello de Burela, a través do Programa de Educación Familiar, está a organizar un programa formativo de habilidades sociais e orientación sociolaboral. Está dirixido a persoas perceptoras da Renta de Integración Social de Galicia (RISGA) “e o que se pretende é potenciar as súas competencias sociais, comunicativas e relacionais co fin de mellorar a súa empregabilidade”, segundo explicou Diana Durán.

A primeira acción formativa que se desenvolverá será un curso de habilidades sociais os días 28, 29, 30 e 31 de outubro e 4 de novembro, cunha duración total de 15 horas. No mes de novembro está programada a realización dun curso de orientación laboral e técnicas de busca activa de emprego. Ambas accións terán lugar na Casa do Concello.

Exit mobile version