Site icon Crónica3.com A Mariña

“Soberbia”

Fai uns días o goberno galego presentaba os orzamentos para o ano 2014; unhas contas que dende o meu punto de vista son realistas, responsables e axustadas ao momento que estamos a vivir.

Céntrome en Ribadeo e fago un paralelismo entre o pasado e o presente; unha comparación entre as contas do anterior bipartito coas do actual goberno de Alberto Núñez Feijoo.

Nunha primeira ollada, un, xa se da conta que a diferenza entre unhas e outras é abismal. Regresamos a época de bonanza, a era do bipartito ao fronte da Xunta de Galicia, revisamos os orzamentos dos últimos catro anos de goberno e vemos a cuantía económica que destina o PSOE e o BNG a Ribadeo: 7.836.779 euros.

Retomamos a época actual, situación de crise económica, e vemos o esforzo e o compromiso do goberno do PP co noso municipio. Alberto Núñez Feijóo non deu as costas a Ribadeo, proba diso está en que desenvolveu a maior inversión na comarca durante a pasada lexislatura: a dragaxe e ampliación do peirao comercial de Mirasol, blindando a súa actividade e emprego.

Sumando os orzamentos da Xunta de Galicia dos anos 2010, 2011, 2012 e 2013, o resultado é: 17.800.163,09 euros, máis do doble que o bipartito. Pero, desglosemos e parémonos, por exemplo, no ano 2012; aquí vemos como Feijóo destina a Ribadeo 8.420.101,9 euros, o que significa que destina máis o goberno do PP nun ano que o bipartito en catro.

O goberno do PP, malia a mala situación económica, non se esquece dos ribadenses; demóstrao con feitos: poñendo máis da mitade dos cartos para a construcción da depuradora, reformando centros de formación agraria, mellorando o abastecemento da agua, dotando unha partida orzamentaria específica para a construcción do emisario submarino, e verter así ao mar, augas depuradas.

Califico de total soberbia, falsidade e crueldade as actitudes do rexedor, cuxa tónica predominante é o vitimismo e a manipulación; día tras día, está a criticar as iniciativas do PP, os esforzos dos populares, en definitiva, todas as bases, as inversións que o goberno autonómico está a levar a cabo en Ribadeo. Nembargantes, existe unha contradicción do rexedor, xa que está manipulando actuacións da xunta, pretendendo dar a ver que é él quen as leva a cabo, cando é o goberno galego quen destina a meirande parte dos cartos para que se fagan realidade.

Non é cuestión de facer política, é cuestión de remitirse aos datos, a estudar as cifras, a comparar e ver os feitos.

Soberbios son os que agora critican, desprezan e menosprecian os esforzos e os compromisos dos demais e nese eido temos que, desgraciadamente, englobar ao rexedor de Ribadeo.

Jesús López Penabad. Presidente do PP de Ribadeo

Exit mobile version