Site icon Crónica3.com A Mariña

Suárez Barcia lembra que a EDAR xa tiña que estar feita hai tempo, pero valora de xeito positivo a inversión prevista pola Xunta para a construción do emisario

Ribadeo, 22 de outubro de 2013. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, valora de xeito positivo a inversión prevista pola Xunta para a construción do emisario da nova Edar (estación depuradora de augas residuais), pero lembra que esta obra xa tiña que estar feita hai tempo.

O rexedor valorou positivamente que “por fin se metan os fondos públicos necesarios para acometer este emisario. Pero, por outra banda, hai que dicir tamén que era xa tempo de que un proxecto que deu lugar a unha obra que xa está funcionando dende hai tres anos, como é a depuradora, que aínda está coxa dun pé, porque non ten a día de hoxe o emisario que, segundo o proxecto e a normativa, debe ter”. Suárez Barcia agarda que “dunha vez por todas se constrúa neste ano que vén, cando todas as promesas eran que no 2013 estaría feito e agora xa se di que será no 2014”.

Para o alcalde ribadense “en todo caso o bo é que se faga, pero a realidade é que se trata dunha obra necesaria que estaba contemplada e que levaba anos sen se facer, cando non debería ser así”.

Exit mobile version