
Por segunda temporada consecutiva a exinternacional cubana aterriza no equipo de basket de Nacional. TAIMARA SUERO CORONADO (Cuba – 1979); é unha escolta de 1,74 que foi internacional dende os anos 1996 ó 2007 con Cuba, coa que ganou a medalla de ouro dos xogos panamericanos 2003 Santo Domingo, medalla de bronce dos xogos panamericanos 2007 Río de Xaneiro, e xogou en Europa en Hungría (2007/08), en Liga-2 no Chajeba04 xa en España e máis recentemente no Arxil de Pontevedra na 2010-2011, e tras xogar en Italia chegou a finais da temporada pasada a Lourenzá.
Esta xogadora foi clave no éxito do ascenso da temporada pasada, e será decisiva tamén nesta nova temporada durísima en Nacional e na que o equipo afrontará a mesma cunha gran ilusión. Despois de chegar este mércores a un acordo con ela xogará no equipo de Nacional e fará tamén as funcións de monitora nas categorías inferiores.
Taimara aterrizará este venres en Santiago e se todo vai ben estará xa a disposición do equipo este vindeiro domingo.