Site icon Crónica3.com A Mariña

Teatro, visita a Portugal e curso de talla de madeira protagonizan a oferta cultural de Cangas para este mes

O Centro Social de Cangas estrea a tempada cultural deste mes de outubro coa actuación do grupo teatral O Batán o domingo 13 de outubro ás 19.00 horas. Trátase da estrea en Cangas da obra “Retiractivos”, de Paco Piñeiro, baixo a dirección de Mª Paz Fernández.

A C.M.V.M.C. “Real Rañadoiro e Agudo”, de Cangas, organiza entre os días 18 e 21 de outubro unha viaxe a Lisboa, Fátima, Cascais, Estoril, Sintra, etc. O prezo da actividade para os comuneiros e comuneiras será de 125 euros incluíndo os 4 días con 3 noites en réxime de pensión completa en hotel de 4 estrelas; ademais da viaxe en autocar de luxo, seguro de viaxe a guía acompañante. Os interesados poden anotarse ata o 15 de outubro en horario de 18.00 a 21.00 horas.

E o sábado 27 de outubro, dentro da programación dos circuítos Buxiganga 2013 da Área de Cultura da Deputación Provincial, o centro social acollerá a representación de “As alegres comadres” da man de Achádego Teatro, de Lugo, a partir das 19.00 horas.

A entrada para as funcións teatrais será gratuíta.

Por outra banda, están a promover un curso de talla de madeira que se desenvolverá os mércores a partir das 17.00 horas. Os interesados pódense achegar ao centro social no horario do curso ou chamar ao teléfono 620 135 686.

Exit mobile version