Site icon Crónica3.com A Mariña

Tempo de setas

A chegada do outono trae ós campos e montes a presenza dos cogumelos e con eles o valor novo que aporta a exuberante e sempre dadivosa natureza. Decimos o de “novo” porque se é verdade que de sempre existiron, tamén o é que ata hai moi pouco, e polo que ó noso contorno se refire, a poboación daba as costas òs mesmos, ós que a tradición demonizou e mesmo a linguaxe popular os nomeaba como “pan de cobra”. É certo que as setas teñen o seu risco e que non deben consumirse como alimento sen a selección previa que distinga as comestibles das que non o son pois a inxesta indiscriminada pode resultar nociva para a saúde, mesmo gravemente.A xente non estaba polo labor e o mais doado era prescindir delas. Esta actitude, sen embargo, mudou en boa medida dun tempo a esta parte, e en sectores espertouse o interese polos cogumelos que, amais dos puramente gastronómicos, ofrecen outros atractivos que teñen que ver coa cultura, o amor á natureza e o disfrute dela ou coa economía; razóns que propician a proliferación de colectivos para canle de actividades – charlas, saídas ó campo, identficación, degustacións… – destinadas a correxir as carencias que no eido da micoloxía eran/son comúns na nosa sociedade. 35 anos de vida acaba de cumplir a focega asociación Amigos das Setas Os Bolouros. Naceo en 1978, no seo da peña O Lar, niño de iniciativas culturais, sociais e benéficas e foi o seu promotor, animador e adestrador Constantino Mariño, á sazón Xefe da Oficina Agraria. Sen hipérbole, pode decirse que con él chegaron as setas a Foz, na medida en que foi quen espertou o interese polo mundo da micoloxía, do que era o primeiro froito tanxible o propio colectivo de Os Bolouros que, baixo a súa experta batuta, de contado gañou prestixio entre os micólogos avezados, e así a Federación encomendou ós focegos a organización da IX Semana Micolóxjca de Galicia (1987) que levou a cabo con esplendor, O evento xuntara en Foz ós mais recoñecidos expertos micólogos de Asturias e Galicia. Mariño foi o maior apóstolo da actividade na bisbarra.

Suso Fernández

Exit mobile version