Site icon Crónica3.com A Mariña

Un xogo crítico, vindeira peza teatral para o Pastor Díaz

TALIA2Talía Teatro achega o sábado 12 de outubro ao Teatro Pastor Díaz de Viveiro ‘O método Grönholm’ a partir das 20.30 horas. A proposta de Galcerán, para adultos, é portadora dun corrosivo compoñente crítico disfrazado de ideoloxía neoliberal, dunha carga de cinismo nada despreciable e dunha impresionante capacidade para xogar “perigosamente” con cousas serias co mesmo talante que se estivese xogando á brisca ou ás prendas. O método Grönholm é un xogo, si. Un xogo constante entre verdades e mentiras. Tal vez, un xogo un pouco perverso, pois as emocións e os sentimentos das personaxes son manipulados e sacudidos sen pudor nin compaixón algunha. Algo que resulta escandalosamente normal na sociedade contemporánea.

Exit mobile version