Site icon Crónica3.com A Mariña

Unifoz pide “maior organización na campaña de vacinación” debido a que “aos catro días de campaña o centro de saúde de Foz non vacinas suficientes”

Unifoz denuncia o malestar mostrado por varios veciños e veciñas de Foz, que “cando acoden ao CENTRO DE SAUDE para vacinarse despois de ter a cita concedida, os mandan para casa sen vacinarse”.

Todo, isto parece que é por falta de vacinas no Centro, o que supón unha clara desorganización dos responsables. “Por un lado fan unha campaña para que a xente acuda a vacinarse dicindo que adquiriran preto de 600.000 doses e aos catro días da campaña non teñen vacinas suficientes”, critica o voceiro de Unifoz, Jaime Cancio.

“Todo isto pode ser o resultado de esa XERENCIA ÚNICA e a conseguinte desorganización de este simple programa de vacinación que noutros anos non pasaba”, engade.

Tamén denuncian dende Unifoz “o desvío masivo por parte do SERGAS de pacientes para operacións quirúrxicas a hospitais privados de Lugo, por non facelos no hospital de Burela, co prexuízo que iso supón para os veciños e veciñas”.

Polo tanto, Unifoz pide “aos responsables sanitarios, e de forma especial á Directora Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, unha maior organización e solucións a esta situación provocada por eles mesmos”.

Exit mobile version