Site icon Crónica3.com A Mariña

Unifoz presenta unha moción relativa á construción da autovía entre San Cibrao e Barreiros

Os concelleiros do grupo Municipal UNIFOZ na Corporación Municipal veñen de presentar unha moción pola que instan ao Ministerio de Fomento a acadar un compromiso serio coa aprobación de dotación orzamentaria suficiente para que a tan necesaria autovía Barreiros –San Cibrao poda ser algo máis que un proxecto virtual.

Ademais, solicitan a aprobación polo Parlamento do Estado dun cronograma de actuación para esta infraestrutura; xa que “o Ministerio de Fomento facía pública unha nota o 10 de xuño de 2005, coincidindo coa presenza dunha campaña electoral do seguinte: Que o 7 de abril de 2004 ditouse unha Orde Ministerial de ESTUDIO INFORMATIVO Nueva carretera de conexión entre San Cibrao y Barreiros”.

“Ao longo destes nove anos, os veciños de Foz e de toda a Mariña en xeral, estamos comprobando como os diferentes responsables políticos dende o Goberno Central, deixan a Mariña de lado ano tras ano,concretamente no que se refire a o tan xa nomeado corredor / autovía da Mariña, Barreiros –San Cibrao”, engade o voceiro da formación, Jaime Cancio.

“Todos os anos por estas datas, observamos como nos orzamento do Estado, figuran partidas politicamente correctas, para figurar, pois dende aquela proposta de trazado, contra a que se presentaron diferentes alegacións, seguimos a espera de engano tras engano”, conclúen.

Exit mobile version