Site icon Crónica3.com A Mariña

Varela pregunta ao Goberno se os 500.000 desempregados “fraudulentos” da Vicepresidenta son os que “escamotearon” nos datos do paro do último ano

Madrid, 17 de outubro de 2013.- O senador socialista por Lugo, Ricardo Varela, pregunta ao Goberno, tras as sorprendentes declaracións da Vicepresidenta, se esa coincidencia nas cifras entre o medio millón de “defraudadores” e o medio millón de “desaparecidos” indica que o Executivo Central borrou do rexistro de parados a ese colectivo e que por esa razón se produce ese inexplicable desfase de datos nunca visto ata agora na historia das series estadísticas de ambas variables.

Proba diso, asegura, é que os datos oficiais do SEPE e da Seguridad Social, indican claramente un desfase de medio millón de persoas entre a caída da afiliación á Seguridad Social e o aumento do paro rexistrado no último ano, de modo que “milagrosamente” o incremento do paro supuxo escasamente o 3% da caída de afiliación no mesmo período.

Datos concretos que proban dito desfase

Ricardo Varela recorda así que xa na súa intervención, enmarcada no debate dunha moción consecuencia de Interpelación de Entesa sobre a reforma do mercado laboral, explicou detalladamente a evolución da afiliación á Seguridad Social, entre setembro de 2012 e o mesmo mes de 2013, producíndose unha caída de 553.342 cotizantes, é dicir, ocupados que deixaron de selo, e no mesmo período o número de persoas que perderon o seu emprego segundo o paro rexistrado é de 19.076, “algo absolutamente incríble cando non ridículo”.

 

O parlamentario do PSOE denuncia que dende setembro do ano pasado, cando o Goberno empeza a actuar e manipular, sobre os datos do paro rexistrado, *(cadro 1) a variación do paro interanual que se situaba no 11’98% de incremento, empeza a descender ata situarse no 0,4% interanual a 31 de setembro de 2012. En paralelo, durante este mesmo período, a afiliación á Seguridad Social e a Encuesta de Población Activa caen dramáticamente constatando a caída do emprego e a mentira do Goberno.

PARO REXISTRADO

 

2012                     %           Variación Anual

 

2013                  %             Variación Anual
Xaneiro 8,72 Xullo 12,44 Xaneiro 8,28 Xullo 2,43
Febreiro 9,60 Agosto 11,98 Febreiro 6,96 Agosto 1,58
Marzo 9,63 Setembro 11,32 Marzo 5,99 Setembro 0,41
Abril 11,12 Outubro 10,84 Abril 5,16
Maio 12,52 Novembro 11,02 Maio 3,75
Xuño 11,97 Decembro 9,64 Xuño 3,22

*(Cadro 1)

 

 

 

 

Máis inverosímil é este comportamento do paro rexistrado, en relación coa afiliación á Seguridade Social, se analizamos a relación entre as dúas variables nos anos anteriores.

En todos eses anos ambas medidas evolucionaron como é lóxico, de forma similar, non variando en ningún caso en máis do 30% os datos dunha respeto á outra.

VARIACIÓN ANUAL A MES DE SETEMBRO

VARIACIÓN DE DATOS A FIN DE MES

Ano Aumento de Parados Redución de afiliados
2010 308.316 237.084
2011 208.981 299.392
2012 478.535 461.733
2013 19.076 553.342

 

VARIACIÓN ANUAL
MES DE SEPTEMBRO

2008

2009

2.010

2.011

2.012

2.013

Aumento de parados

608.005

1.084.079

308.316

208.981

478.535

19.076

Reducción de afiliados

470.688

1.045.444

237.084

299.392

461.733

553.342

% Paro / afiliados

129%

104%

130%

70%

104%

3%

*FONTE: Datos do SEPE e da Seguridad Social1

“Milagrosamente, puntualizou, para que o Goberno poida construír o seu discurso de recuperación (como fixo Mariano Rajoy en Xapón) e efectos positivos da reforma laboral, nos últimos doce meses, o aumento do número de parados rexistrados supón o 3% do número de persoas que saen da afiliación na Seguridade Social no mesmo período”.

Ou o que é o mesmo, o aumento do incremento do paro segundo afiliación á Seguridade Social multiplica por trinta, o aumento segundo o paro rexistrado da Ministra Bañez. (Dato xamáis ocorrido na historia estadística de España).

Por todo iso, Ricardo Varela acusa ao Executivo do PP de poñer en marcha unha estratexia de expulsión e ocultación dos parados nos rexistros públicos de emprego.

“So isto explica, concluíu, esta burda manipulación, sobre todo, se temos en conta que nos dous últimos anos se perderon 1.015.075 cotizantes fronte aos 536.476, perdidos entre setembro do 2009 e 2011. É dicir, non so non é positiva a evolución do emprego no periodo do PP senón que o ritmo de destrución do emprego se duplicou, como indican os datos de afiliados á seguridade social, e ocultan os do rexistro de parados do Servizo Público de Emprego”.

Exit mobile version