Site icon Crónica3.com A Mariña

Vista Alegre visita os castiñeiros da Vila do Medio

castinheiros-viladomedioOs alumnos de 1º e 2º do CEIP Vista Alegre de Burela realizaron este martes 29 de outubro unha saída para visitar os castiñeiros centenarios situados na Vila do Medio. De camiño fixeron unha parada para ver unha das construccións máis características da arquitectura popular galega que forma parte da paisaxe, das costumes e do patrimonioo etnográfico de Burela: os hórreos. Con estas actividades que abarcan principalmente contidos de coñecemento do medio as monitoras do Centro de Educación Medioambiental Gaia abordan temas ecolóxicos coma a biodiversidade, as especies autóctonas, as costumes e tradicións do pobo en torno ao castiñeiro e a castaña,etc. Segundo informa a Concellería de Medio Ambiente de Burela “as monitoras pretenden que os alumnos se interesen pola natureza e os seres vivos, valoren o aproveitamento dos recursos naturais e coñezcan algúns dos aspectos básicos do patrimonio cultural, histórico e artístico de Galicia”.

Exit mobile version