Site icon Crónica3.com A Mariña

Vitoria en Monte para un dos favoritos da Liga de Bolos de Xove, José Rafael González

Tarde despacible, unhas veces con sol e outras con choiva. Campo en regular estado, que dificultou bastante as tiradas, sobretodo para os xogadores/as menos potentes físicamente. Excelente participación na Liga Sub 18, con 9 participantes.

Liga Sénior Masculina
Vitoria dun dos principais favoritos, quen continúa unha semana máis encabezando a Liga con 31 puntos; estamos a falar de José Rafael González, que está a ter un excelente inicio de tempada e, seguramente, quererá resarcirse da pasada edición onde perdeu o título na última tirada. A continuación temos a José Manuel Cociña e a Sócrates Campo con 23 e 20 puntos respectivamente. Sócrates é tamén un dos claros favoritos ao triunfo final; no caso de José Manuel Fontes estamos a falar dun xogador situado nos últimos anos na zoa media superior da táboa, pero que se nos remontamos inda uns anos máis atrais, estaríamos a falar dun favorito final; estamos seguros de que, se supera os problemas físicos que arrastra, José Manuel ten capacidade para estar moi perto dos postos de arriba.

Estamos, coma quen dí, prácticamente no comezo do campionato e inda non se poden facer grandes valoracións; hai un dato, o vixente campión, Arturo Vigo, con 3 puntos, está a 28 de José Rafael, polo que, senón espabila, vaise quedar fora ás primeiras de cambio.

Liga Sénior Feminina
Unha das favoritas nesta Liga, que vía como se lle escapaban na cabeza, reaccionou e coa súa victoria e mellor bolada consegui recortar distancias e acceder ao segundo posto da táboa; estamos a falar de Belén Meitín, excelente xogadora, pero que inda non lle puxo a guinda ao seu xogo; consigue acabar nas tres últimas posicións, pero fáltalle o trunfo final. Pois ben, Belén é segunda con 13 puntos, por detrás de Dolores Baño, que encabeza con 13 puntos. Por detrais temos a Salomé Bermúdez con 8 puntos e Concepción Piñeiro con 6. Decir que Salomé foi vítima do campo, xa que cucou nas dúas última boladas debido ao mal estado do campo, o que fixo que non fose capaz siquer de puntuar: unha pena, xa que collera moitos tantos nesas dúas últimas bolada, que non lle valeron ao cucar.

Liga Sub 18
Segunda vitoria consecutiva de Salomé, quen está a xogar cunha extrema ambición e seguramente vai querer, nesta a súa última tempada nesta categoría, despedirse coa súa terceira vitoria, algo que ningún xogador/a conseguiu ata o momento, ou sexa, vencer tres veces na categoría Sub 18. Iso sí, se segue con esta progresión, que se vaian preparando na Liga Senior Feminina para a temporada que ben, na cal terá que competir Salomé. O vixente campión, Daniel López, apenas pode seguir a estela de Salomé, ocupando a segunda praza con 11 puntos, por 10 de Isaías Cardoso.

A este convite de tres (Salomé, Daniel e Isaías) estase a sumar este ano Daniel Alonso, e en menor medida Miguel López, ámbolos dous de menor idade que os anteriormente citados. Seguramente Daniel e Miguel, entre outros, estarán destinados a dominar a categoría despois da marcha de Salomé, Daniel e Isaías, para quens esta é a última tempada na Liga Sub 18.

CAMPIONATO DE BOLOS DO CENTRO SOCIAL DE MONTE  (19 OUTUBRO  2013)

 34 INSCRITOS: 17  NA LIGA SENIOR,    9  NA LIGA SUB 18   E   8 NA LIGA FEMININA

CLASIFICACIóN                     NOME TANTOS

PUNTOS

LIGA SENIOR

PRIMEIRO JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ

250

12

SEGUNDO JAIME ÁLVAREZ FERNÁNDEZ

250

10

TERCEIRO CRISTIAN RODRÍGUEZ BAÑO

249

8

CUARTO ALEX MEITÍN SERANTES

247

7

QUINTO JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA

240

6

SEXTO JOSE VIGO LAGE

221

5

SÉTIMO MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA

218

4

OITAVO ARTURO VIGO CASABELLA

217

3

NOVENO SÓCRATES CAMPO SUÁREZ

213

2

DÉCIMO CÉSAR CANCELOS LÓPEZ

211

1

MELLOR BOLADA CRISTIAN RODRÍGUEZ BAÑO

84

1

LIGA SUB 18

PRMEIRO SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ

157

6

SEGUNDO DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ

131

4

TERCEIRO DANIEL ALONSO LÓPEZ

110

3

CUARTO MIGUEL LÓPEZ FORMOSO

101

2

QUINTO ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ

75

1

MELLOR BOLADA SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ

46

1

LIGA FEMININA

PRMEIRO BELÉN MEITÍN ROUCO

98

6

SEGUNDO PAULA CAMPO SUÁREZ

84

4

TERCEIRO MARTA ÁLVAREZ FERNÁNDEZ

74

3

CUARTO DOLORES BAÑO FRAGA

71

2

QUINTO CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ

61

1

MELLOR BOLADA BELÉN MEITÍN ROUCO

47

1

A vindeira tirada vai ter lugar no CAMPO MUNICIPAL DE XOVE, O vindeiro sábado, 26 de outubro de 2013.

Exit mobile version