Site icon Crónica3.com A Mariña

Voluntarios de Alcoa acondicionan a sala de Pediatría do Centro de Saúde de San Cibrao

Voluntarios de Alcoa San Cibrao acondicionan este xoves 24 de outubro a sala de espera da área de pediatría e o xardín exterior do centro de saúde da localidade, co fin de que ambos espazos sexan máis atractivos para a comunidad infantil do concello de Cervo nas súas visitas de atención médica. A Asociación Pasiño a Pasiño, colaboradora nesta iniciativa, recibirá ademais 3.000 dólares de Fundación Alcoa como respaldo da compañía á acción solidaria dos seus empregados.

Os voluntarios da fábrica e da organización pintarán un mural con ilustracións infantís na parede da sala de espera e instalarán estanterías para crear unha pequena biblioteca e ludoteca con libros, xogos e cadernos para colorear, todo iso doado por familias e particulares.

No exterior do centro, limparán de maleza a zona axardinada e prepararán o terreo para, a continuación, plantar dúas árbores ornamentais e diversas plantas de xardín. A decoración do espazo completarase instalando figuras de xardín.

A Asociación Cultural, Deportiva e de Veciños Pasiño a Pasiño organiza actividades orientadas a dinamizar o ocio infantil, como talleres de teatro, pintura, cociña e campionatos deportivos. Os voluntarios de Alcoa veñen colaborando con esta organización en iniciativas como a creación dun herbario con e para os nenos de San Cibrao.

Con esta actividade, os voluntarios da fábrica de Alcoa en San Cibrao continúan o seu intenso programa de actividades do Mes do Voluntariado, que a compañía celebra en todo o mundo no mes de outubro.

Fundación Alcoa susténtase dos seus propios activos financeiros e non dos beneficios de Alcoa. O seu principal obxectivo é mellorar a calidade de vida nas comunidades nas que a compañía está presente. Alcoa promove e respalda o voluntariado solidario e a acción social na comunidade dos seus empregados, para o que conta con programas específicos, os plans Acción e Bravo.

Exit mobile version