Site icon Crónica3.com A Mariña

Xa saíron as bases para participar no Mercado do Nadal de Ribadeo que se celebrará do 3 ao 8 de decembro

Ribadeo, 23 de outubro de 2013. Os interesados/as en montar un posto no Mercado do Nadal de Ribadeo poden solicitar as bases na seguinte dirección de correo electrónico: olribadeo@gmail.com ou consultalas na páxina web do Concello: www.ribadeo.org.

Aquelas persoas que queiran montar o seu posto deberán cumprir cos requisitos que se mencionan en ditas bases e terán de prazo para presentar toda a documentación esixida ata o vindeiro 4 de novembro. Segundo explican desde a Concellaría de Desenvolvemento Local “esa documentación poderá presentarse no rexistro do Concello de Ribadeo ou poderá enviarse por correo ordinario”. Para consultar calquera aspecto do Mercado do Nadal os/as interesados/as poden poñerse en contacto co Concello no seguinte teléfono: 982 128 650.

O Mercado do Nadal de Ribadeo, que chega á súa undécima edición, celebrarase do 3 ao 8 de decembro. Neste 2013 as casetas volverán situarse, ao igual que o ano pasado, polas rúas peonís do centro da vila.

Exit mobile version