Site icon Crónica3.com A Mariña

XIV Xornada Micolóxica no Valadouro

A OMIX do Concello do Valadouro organiza a XIV Xornada Micolóxica este domingo 27 de outubro. Unha das citas clásicas do outono neste concello que se divide do seguinte xeito: saída ao monte ás 9:30 (diante da Casa da Cultura) para a recollida e identificación de distintas variedades de cogumelos, ás 14:30 comida degustación co menú baseado nos exemplares micolóxicos que serán expostos coas súas identificacións científicas, valor culinario e as súas cualidades aptas ou non para o consumo. Inscrición na OMIX da Casa da Cultura ou no teléfono 982 57 15 16.

Exit mobile version