Site icon Crónica3.com A Mariña

Xornadas micolóxicas en Tapia

A sección de micoloxía do Club Deportivo Marques de Casariego celebra as XXIII Xornadas Micolóxicas XVII Memorial Sánchez Ocaña entre o 31 de outubro e o 2 de novembro. A Casa da Cultura de Tapia acollerá, despois das oito do serán, as conferencias sobre afección ás setas e o V Concurso escolar de debuxo sobre micoloxía o venres. O sábado será o escenario da conferencia titulada “el camino del buscador de setas” a partir das oito; mentres que a degustación terá lugar na praza de Campogrande. Xa o domingo a partir das sete da tarde celebrarase un magosto cun prezo de 6 euros por participante que contará coas actuacións da banda de gaitas Marino Tapiega e a discoteca móbil Mourelle. O restaurante El Álamo acollerá a cea micolóxica coa que finalizarán as xornadas. Será o sábado 30 de novembro a partir das nove e media da noite, na que tamén haberá sorteo de produtos e animación da discoteca móbil Mourelle.

Exit mobile version