Site icon Crónica3.com A Mariña

Xove acollerá unha xornada sobre certificación forestal FSC de grupos de xestión forestal

O xoves 31 de outubro de 2013 ás 20.00 horas celebrarase unha Xornada sobre Certificación Forestal FSC de grupos de xestión forestal no salón de actos do Concello de Xove.

O programa previsto contempla:

20:00 Recepción e presentación por persoeiros locais

20:10 ¿Que é FSC? Certificación da xestión forestal e a cadea de custodia. Importancia mundial e vantaxes reais en Galicia (certificación en grupo GF/CdC).

Marcos Estévez. Técnico de FSC España

20:40 O Grupo de Certificación Forestal FSC “Propietarios das Mariñas”. Adhesión. Deberes e vantaxes dos membros.

Noemí García. Directora do Grupo de Certificación Forestal FSC “Propietarios das Mariñas”

21:10 Coloquio cos asistentes.

Noemí García Saavedra é a directora do grupo de Gestión Forestal TENZAS, ENXEÑERÍA E ASESORAMENTO LEGAL, S.L. (Propietarios das Mariñas). Este grupo de xestión forestal foi elixido en 2012 para un proxecto piloto de certificación FSC de propiedades forestais de pequena superficie no marco do proxecto Certifica FSC e do primeiro convenio entre FSC España e Ence, Enerxía e Celulosa. En agosto de 2013 obtivo o certificado FSC de Gestión forestal/Cadena de custodia.

Este evento tene moito interese xa que FSC está empezando e ten pouca superficie certificada en Galicia pese a que o mercado está ofrecendo unha prima superior aos 3 € por tonelada con corteza para a madeira de eucalipto certificada FSC e so hai 9 grupos FSC que reúnen menos de 13.000 hectáreas en Galicia, o que supón menos do 1% das máis de 1.400.000 hectáreas de superficie forestal arborada en Galicia segundo o Cuarto Inventario Forestal Nacional (realizado entre os anos 2008 e 2010) polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente en colaboración coa Xunta de Galicia.

Exit mobile version