Site icon Crónica3.com A Mariña

20% de desconto durante o Shopping Weekend do Casco Histórico de Viveiro

OLYMPUS DIGITAL CAMERAA Asociación de Comerciantes Casco Histórico de Viveiro aposta unha vez máis por impulsar as compras e o ocio na súa cidade. Pon en marcha este venres 15 e o sábado 16 de novembro a campaña Shopping Weekend, un fin de semana de compras ofrecendo fantásticos descontos en miles de artigos.

Unha oportunidade para pasar a fin de semana realizando compras nos 53 comercios participantes na campaña e disfrutar de descontos do 20% en miles de artigos. Participan locais de moda, calzado, complementos, artigos de deporte, lencería, xoias, mobles, decoración, perfumería, beleza, xoguetes, artigos para o fogar, alimentación, iluminación, óptica, etc.

Trátase de ofrecer ao cliente a mellor calidade, variedade e prezo, sen ter que desprazarse, comprando no comercio local, un comercio que ofrece un trato persoal e profesional.

Os locais participantes estarán identificados cos distintivos da campaña, banderolas de 2,60 metros de altura colocadas nas entradas dos comercios, indicando o desconto do 20%, así como vinilos pegados nos escaparates indicando aqueles que participan con artigos seleccionados como poden ser os estancos, librarías ou perfumerías. Deste modo para o cliente é moi fácil identificar aqueles locais nos que poderá disfrutar da campaña de descontos.

É moi importante recordar que estes descontos non son acumulables a outras ofertas que xa teñan nos comercios, xa que é unha campaña puntual organizada so para as vendas deses dous días.

Exit mobile version