Site icon Crónica3.com A Mariña

25 N en Burela

Este luns, 25 de novembro, durante toda a mañá distribuiranse en Burela lazos de cor morada entre a poboación e tamén a publicación realizada cos microrrelatos gañadores do 2012. Na entrada do Concello haberá un libro de firmas para que todas as persoas que o desexen poidan deixar a súa opinión sobre esta lacra social e tamén se instala unha mesa promovida pola asociación Mulleres en Igualdade de Burela. A partires das 19 horas no salón de plenos do Concello terá lugar unha xornada informativa sobre os recursos locais de apoio á muller e contra a violencia de xénero, a cargo do persoal do CIM para dar a coñecer as prestacións, os obxectivos e a quen está dirixido o Centro de Información ás Mulleres. O acto titúlase ‘Muller, qué é o CIM?’. Ás 19:30 horas será a entrega de premios do VII Concurco de Microrrelatos e do III Concurso de Lemas e ás 19:45 haberá a lectura do manifesto por parte do alcalde, José Mª González Barcia.

Exit mobile version