Site icon Crónica3.com A Mariña

25 usuarios da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental “A Mariña” asisten a un obradoiro de arte floral

arte floralEste xoves, un total de 25 usuarios dos distintos dispositivos da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental “A Mariña”, incluidos os da Unidade Residencial de Cervo, asistirán a un obradoiro de “Arte Floral” , impartido por Fernando Quelle na Floristería Alecrín.

Esta actividade redundará na mellora terapéutica de tódolos participantes, no aumento da súa autoestima e na mellora da súa calidade de vida, xa que adquiren novos coñecementos, melloran e aumentan a súa formación curricular ademais de ter un contacto directo coas flores, elementos da naturaza que por si solos animan.

Ó rematar cada centro floral, cada un dos participantes poderá levar o seu. Con isto están entusiasmados, xa que hoxe cada un deles barallaban diversas posibilidades para agasallalos .

Grazas a este curso, foméntase a cohexión do equipo, mellorando as habilidades sociais e a integración social e comunitaria.

Neste senso, a Directora Técnica Xeral de “A Mariña”, María José Nóvoa, agradece a colaboración a Fernando Quelle, que imparte este curso desinteresadamente, sentíndose moi sensibilizado co colectivo.

Exit mobile version