Site icon Crónica3.com A Mariña

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá fará a “Senda Verde del Agüeira”

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá bota de novo a andar. Será este mesmo sábado, día 9 de Novembro e desta vez toca andaina pola Senda Verde del Agüeira, unha ruta para disfrutar da comarca dos Oscos. Trátase dun paseo de 12 km e de dificultade media/baixa. Sairase ás 8:30 horas do Cantón de Vilanova de Lourenzá, e ten un prezo de 25 € para os socios e de 30 € para os non socios; prezo que inclúe viaxe e comida. A data límite para apuntarse e o xoves día 7 de Novembro ás 14 horas nos teléfonos 982121006 (Pepe) ou 645 940013 (Fabián) ou tamén o poden facer a través do correo electrónico terrasdelourenza@gmail.com. Recoméndase levar botas xa que se pode atopar auga polo camiño. A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá, anima a todo o mundo a participar desta fermosa ruta.

Exit mobile version