Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación de veciños Cruz da Venta reúnese co alcalde de Cervo para presentarlle unha serie de propostas dos veciños de San Cibrao

cruzdaventaSan Cibrao, 20 de novembro de 2013.- A asociación de veciños “Cruz da Venta” de San Cibrao reuniuse co Alcalde de Cervo, Alfonso Villares co obxecto de trasladar as propostas e demandas que os veciños de San Cibrao fixeron chegar á asociación.

O rexedor cervense explicou unha serie de proxectos de mellora e acondicionamento nalgunhas das infraestruturas de San Cibrao. Cruz da Venta valora positivamente ditas actuacións considerando necesarias as que se van a realizar na Zona de A Veiga e na Praza dos Campos, entre outras.

O Presidente, José Luís Sariego, ten prevista unha nova reunión co rexedor cervense para tratar o tema do saneamento, xa que considera que é unha obra de tanta envergadura que é de vital importancia e de interese para os veciños de San Cibrao.

Cruz da Venta, seguirá atendendo as peticións e demandas dos veciños de San Cibrao. Para iso pon a disposición un buzón de suxerencias, sito no local da asociación, no que os veciños de San Cibrao poden depositar os seus rogos, preguntas ou queixas que serán atendidas e trasladadas ás autoridades competentes.

Exit mobile version