Site icon Crónica3.com A Mariña

A Cámara de Lugo expón ata este sábado as candidaturas que concorren ás eleccións do ente

Lugo, 29 de novembro de 2013.- A Cámara de Comercio de Lugo expón este venres e sábado toda a documentación das candidaturas que concorren ao proceso electoral do ente, que ten por finalidade restituír os órganos de goberno da Cámara lucense.

Tralo prazo de quince días, presentouse un único candidato para cada unha das 21 vogalías do pleno a elixir mediante sufraxio do electorado. Os outros tres vogais que formarán parte do pleno da Cámara serán escollidos polo propio Pleno entre os profesionais de recoñecido prestixio propostos polas organizacións empresariais.

Poderán presentarse alegacións a estas candidaturas ata o vindeiro martes, 3 de decembro. Unha vez resoltas as alegacións, no caso de habelas, e examinada toda a documentación, a Xunta Electoral procederá á proclamación das persoas como candidatas.

Exit mobile version