Site icon Crónica3.com A Mariña

A Casa do Mar acollerá un charla sobre alimentación e menopausia organizada pola Asociación Mulleres de San Ciprián

A Asociación Mulleres de San Ciprián organiza para o vindeiro 30 de novembroás 18.00 na Casa do Mar de San Cibrao unha charla titulada “La alimentación y la menopausia”. A charla correrá a cargo da dietista e nutricionista Montserrat Vázquez que ofrecerá una visión da importancia da alimentación e dos hábitos saudables para unhamellorcalidade de vida no período da menopausia namuller. Así mesmo, incidirasetaménna importancia que ten a alimentación durante os anos anteriores á menopausia, dado que como é parte fundamental para chegar gozando de boa saúde a este momento.

A presidenta da Asociación Mulleres de San Ciprián, Amparo Pernas, destaca “a importancia que ten para a muller chegar cunha boa saúde a este período vital e como a alimentación axudaniso”, tamén subliña que “é unha charla para informar ás mulleres do valor da alimentación como factor importante a hora de ter unha boa calidade de vida durante a menopausia”. Por último, a presidenta “anima a todas as mulleres da contorna a asistir dado a importancia que ten esta charla no seu día a día, presente e futuro”.

A Asociación Mulleres de San Cibrao tamén aproveita para lembrar que o vindeiro día 30 de novembro remata o prazo para participar no “Certame de Poesía Mulleres de San Ciprián”. Da mesmamaneira os requisitos para participar é que se presente o traballocun pseudónimo en un sobre os datos do autor e todo iso dentro doutro sobre. A temática e extensión é libre.

Exit mobile version