Site icon Crónica3.com A Mariña

A CIG Ensino fai un chamamento para rexeitar este xoves nos centros da Mariña a aprobación da LOMCE

A Mariña, 27 de novembro de 2013.- Ante a aprobación da LOMCE, prevista para este xoves, 28 de novembro, no Congreso, a CIG Ensino e a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público fan un chamamento para que todos os centros de ensino da Mariña amosen o seu rexeitamento mediante varias iniciativas.

A primeira delas é enviarlle ao conselleiro de Educación por correo electrónico (conselleiro.cultura.educacion@xunta.es) un texto semellante ao seguinte: “Rexeitamos a aprobación da LOMCE porque supón unha agresión ao ensino público e ao dereito á educación”.

Outras das propostas a levar a cabo neste día é organizar un acto simbólico no centros educativos, dito 28 de novembro, facendo visible, con diferentes lemas, o rexeitamento de toda a comunidade educativa á LOMCE e en particular da gran maioría do profesorado.

Tamén, desde a Plataforma se prega enviar ao correo da Plataforma (plataformagalegaensino@gmail.com) unha foto do acto así como unha copia do correo enviado ao conselleiro.

Exit mobile version