A Coruña, 15 de novembro de 2013.- O delegado del Gobierno en Galicia, Samuel Juárez, presidiu este venres a reunión da mesa técnica que coordina as actuacións que determinan o protocolo de activación do plan de vialidade invernal na Red de Carreteras del Estado na Comunidade para a campaña 2013-2014.
Este protocolo especifica os medios e recursos que a Administración Central, na Comunidade, ao tempo que actualiza os dispositivos e procedementos de actuación ante nevadas e outras situacións meteorolóxicas extremas, co obxectivo de previr situacións de risco e minimizar os seus posibles efectos negativos. Para iso, aúnanse nun mesmo documento tanto os medios materiais e humanos como, sobre todo, os procedementos a seguir nestas circunstancias, implicando a aqueles organismos da Administración Central con responsabilidades na materia: Demarcación de Carreteras; Dirección General de Tráfico e Guardia Civil, baixo a coordinación da Delegación do Gobierno.
O ámbito de actuación deste protocolo abarca un total de 2.250 quilómetros da rede de Carreteras del Estado en Galicia, vías convencionais, autovías e as autopistas (AP-9 e AP-53). O documento especifica como executar os procedementos de actuación e coordinación necesarios para afrontar prediccións meteorolóxicas adversas ante nevadas e outras situacións meteorolóxicas extremas, coa definición dos mecanismos particulares de cada fase da mesma: alerta, preemerxencia e emerxencia. Tamén se especifican os mecanismos de información, coordinación e cooperación cos órganos e autoridades da Xunta de Galicia e das distintas administracións provinciais e locais.
No Plan especifícanse aqueles tramos de estradas que poden resultar máis conflictivos no caso de nevadas, os Postos de Mando Avanzados que se establecerán; os Centros de Conservación e Explotación onde se ubican as máquinas quitaneves, as zonas para estacionamento de vehículos no caso de peche ou restricción do tráfico, e outros equipamentos. Todo coa finalidade de reducir ao mínimo o número de tramos con restriccións ao tráfico así como evitar, no posible, as retencións de vehículos ou no seu caso, minimizar a súa duración
MEDIOS
Deste modo actívase o dispositivo estatal para intervir cando a situación o requira e procurar que os cidadáns transiten nas mellores condicións posibles. Para iso a rede estatal en Galicia disporá, ao comezo desta campaña, de 90 máquinas quitaneves; 63 camións convencionais quitaneves e 27 camións esparcidores de salmoira, repartidos entre as catro provincias e as dúas autopistas de peaxe. Ademais, increméntanse de novo significativamente as toneladas dispoñibles de salmoira, de menor impacto ambiental que a sal.
A salmoira acopiada en inicio da campaña é de 2.812.000 litros. A iso hai que sumar as máis de 18.000 toneladas de sal. Destacar, en todo caso, que as cantidades de sal e de salmoira corresponden aos acopios iniciais e poderán ser aumentados a medida que discorra o inverno.