Site icon Crónica3.com A Mariña

A FAPACEL convoca unha concentración para este venres en Foz contra o decreto de comedores

A FAPACEL, en colaboración coa ANPA DO CANTEL-FOZ, convoca a toda a cidadanía a unha concentración diante do CEIP O CANTEL – FOZ este venres día 15 as 17.00 en contra do decreto de comedores e como apoio as nais/país do CEIP CERVO que levan dende principios de curso esperando que se lles dea unha solución os prexuízos causados pola implantación deste decreto.

Queremos insistir en que o servizo de comedor é imprescindible para garantir o dereito á escolarización, pois a distancia do centro a algunhas vivendas impiden que @s nen@s poidan ir comer a casa e volver a tempo para as clases da tarde nos centros onde hai xornada partida, xa que a provincia de Lugo e maioritariamente rural e as distancias son moi longas.

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público a cal pertence esta Federación ven de presentar un recurso-contencioso administrativo diante do TSXG contra este decreto por unha actuación regresiva coas clases populares que son nas que recaen as consecuencias da actual crise e que se ven agrandadas co cobro dunhas cantidades desorbitadas por comensal.

Trátase dunha medida que se suma aos continuos recortes que a Consellaría está a aplicar no ensino público mentres destina máis de 240 millóns de euros cada ano ao ensino privado concertado, incluídos os centros que segregan alumnado por razón de xénero.

Exit mobile version