Site icon Crónica3.com A Mariña

A pesca na economía galega, en Viveiro

A profesora Mª do Carme García Negro intervirá nun acto organizado polo Colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA o venres 29 de novembro. O Colectivo viveirés continúa así coa programación de actos informativos pois entende que a importancia da pesca na economía galega xustifica a escolla desta temática. A conferenciante é doutora en ciencias económicas e empresariais, profesora titular de Economía Aplicada na USC. No ámbito académico dirixe o grupo de investigación de economía pesqueira e recursos naturais, temática sobre as que ten varias publicacións editadas. O acto informativo “A importancia da pesca na economía galega”. Desenvolverase na sala da planta baixa da Biblioteca Municipal de Viveiro (na Praza Maior) e dará comezo ás 20:30 horas.

Exit mobile version