Site icon Crónica3.com A Mariña

A reposición voluntaria da legalidade en Mondoñedo reduce nun 80% o importe dunha sanción imposta pola APLU

aplu_mondoñedoSantiago, 1 de novembro de 2013.- A reposición da legalidade urbanística de xeito voluntario, como demolición dunha vivenda, en Mondoñedo permitiu reducir nun 80% o importe da multa imposta pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística. Así o decidiu o Consello Executivo da APLU na última reunión celebrada en Santiago, polo que o propietario asume o pago de 12.000 euros en concepto de sanción, fronte aos máis de 330.000 euros que se lle impuxera como multa.

O motivo desta redución vén motivado porque o interesado repuxo a legalidade urbanística vulnerada, dando así cumplimento á finalidade perseguida pola APLU que é reparar o ilícito.

A Axencia abriu un expediente sancionador por unha infracción urbanística grave por construír unha vivenda unifamiliar en solo rústico sen vinculación a unha explotación agraria ou gandeira. Nas imaxes pode observarse o antes e o despois da reposición da legalidade.

Exit mobile version