Site icon Crónica3.com A Mariña

A vindeira semana darán comezo dous novos cursos de informática na Aula CeMIT de Burela

Burela, 6 de novembro de 2013. A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, acollerá dous novos cursos de informática impartidos polo Concello de Burela.

Iniciación a Internet para maiores: Nesta actividade ensinarase aos asistentes a dar os seus primeiros pasos na internet, aprenderán a buscar todo tipo de información na rede a través do navegador libre Mozilla Firefox, a ler o xornal,etc. A actividade vai ter lugar na Aula CeMIT de Burela dende o vindeiro martes, día 12, ao venres 22 de novembro en horario de 10 a 11 da mañá. O prazo para matricularse remata o día 11 de novembro.

Iniciación ao procesador de textos 3: Nesta actividade continuarase coa ensinanza de tarefas máis avanzadas para realizar no Libreoffice Writer. Está destinada á cidadanía en xeral que posúa coñecementos a nivel usuario de informática e de procesador de textos. Serán impartidas dúas actividades na Aula CeMIT de Burela dende o 12 ao 21 de novembro. A primeira delas en horario de 11 a 12:30 horas e a segunda en horario de 16 a 17:30 horas. O prazo para matricularse remata o día 11 de novembro.

Desde a Aula CeMIT de Burela lémbranlle aos usuarios que poderán facer uso libre dos equipos e da internet da aula, en horario de mañá de 12:30 a 14:00 horas e en horario de tarde de 17:30 a 19:30 horas.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse á Aula CeMIT de Burela sita na Casa da Xuventude – Rúa do Cancelo 1, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.burela@xunta.es

Exit mobile version