Site icon Crónica3.com A Mariña

ACISA e a Plataforma de afectados polos abusos eléctricos na Mariña convidan á charla deste xoves en Ribadeo

Ribadeo, 26 de novembro de 2013. A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo e a plataforma de afectados polos abusos eléctricos de A Mariña rganizan unha nova charla para falar dos últimos cortes que se produciron na subministración eléctrica en Ribadeo nos últimos días e dos cambios de contadores, etc. Será este xoves, 28 de novembro, ás 20:15 horas no salón de actos da antiga Casa Sindical.

ACISA fai unha chamada á participación: “solo juntos podremos hacer más fuerza ante la empresa suministradora y antes las administraciones competentes: Xunta de Galicia y Gobierno de España”. A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo mantén aberta a campaña de recollida de sinaturas que en breve enviará á Consellería de Industria para queixarse dos continuos cortes de luz que sofre Ribadeo e para que dende a Xunta se controle o servizo que presta a empresa subministradora.

Exit mobile version