Site icon Crónica3.com A Mariña

Actividades en Cervo

Esta fin de semana Cervo acolle numerosos eventos. Por unha banda, este sábado, ás 18.00 horas, haberá unha charla sobre “Alimentación e menopausia” e, posterior, magosto na Casa do Mar organizada por Mulleres de San Ciprián. Ás 20.00 horas, na Casa da Cultura, Festa de San Andrés co Concerto de “Vapor de arte” e “Brétema” e baile de media noite na discoteca Pasos organizado por Os Aventados. Así mesmo, este sábado 30 de novembro arrincan as Xornadas Teatrais 2013: ás 19.00 horas no pavillón de San Román actuará A Adala (Fazouro) con “Sen seu amor” baixo a organización de Asociación de Montes de San Román e Asociación de Mulleres Rurais as Espalladoras. E, na xornada do domingo 1 de decembro, inaugurarase o Belén de plastilina na Casa do Concello ás 12.00 horas e ás 17.00 na Casa da Cultura onde se ntregarán os premios do XIV Concurso de postais de Nadal. Finalmente, ás 18.00 horas, nas Carboeiras de Sargadelos, inauguración da exposición “El Quijote y los derechos humanos” de Queralt Blanch.

Exit mobile version